20110726

Localiza barcos, avións, móbiles, ... e Ribadeo e no mundo

A conta da chegada hoxe da Transgascogne 2011 a Ribadeo, recibo información dunha compañeira de dúas páxinas que coido que son interesantes. A primeira, relacionada coa regata, da conta da posición en cada momento dos barcos da mesma (http://transgascogne.geovoile.com/2011/), información xeral da regata (http://www.transgascogne.com) ou fotos que inclúen a Ribadeo, e por suposto, actividades relacionadas coa regata, tamén en Ribadeo.
Localizatodo, para a zona da península e avións, no momento que fago a entrada do blog
A segunda páxina é moito máis xenérica, e pode resultar máis útil ou sinxnte un pasatempo. http://www.localizatodo.com/mapa/ da en tempo real a posición de vós ou barcos no noso entono ou arredor do mundo. Como se ve, podemos coller un avión e ver as súas características no momento. Así, o que está sobrevoando Santiago cara ó norte é un vó da TAP,  364, voando a altitude de cruceiro (non descendendo ó aeroporto nin despegando) a máis de 11 500 m. Na parte superior esquerda podemos cambiar a barcos, e observar os barcos que están no peirao, fondeados á entrada da ría (a simboloxía empregada é sinxela para distinguir o movemento da parada) ou achegándose. Entre outras cousas ...

Ningún comentario: