Resulta que segue o ruído en Ribadeo, e segue a combaterse: A cousa é que pouco a pouco vaise facendo camiño. Os que comezamos o recorrido hai longo tempo podemos apreciar o feito maís en perspectiva. O avance. E o que falta. en particular, en mentalidade empresarial.
E repetindo unha vez máis que non se pode tomar a cousa como xeralizada, que hai xente que non ten culpa e pertence ó gremio, pero tampouco como superada.
2 comentarios:
O outro día veu polo despacho un tal Johnatan, da empresa Sisgal, consultora e distribuidora de equipos de control do ruido. Envioume a ordenanza de ruido de Sanxenxo, ao parecer o concello que lidera este tema en Galicia. Amosoume tamén uns aparellos de control de ruido similares aos que o concello de Ribadeo obriga a instalar aos pubs, cunha diferenza: estes envían online a sinal a unha páxina web onde os técnicos municipais poderíamos consultar os niveis de ruido, e consiguintemente a hora de aperture e peche do local. En Sanxenxo é obrigado instalalos, e aquí pode ser un avance substancial.
Conformaríame con que se cumprira a normativa que xa hai, pero non vexo vontade por máis dunha beira.
Publicar un comentario