O TESON E O NOME DA RIA
Vexo en La Comarca del Eo a precupación de O TESON polo toponímico da ría que naturalmente comparto. Quixera engadir outro motivo para teimar que o acordo da Comisión Especializada de Nombres Geográficos do Consejo Superior Geográfico do día 12 de Marzo de 2.008 vai ter moi pouca ou nula repercusión no ámeto institucional que, en última instancia é o que nos debe preocupar.
Como xa se comentou repetidamente, a CENG solicitou informes ás comunidades autónomas asturiana e galega e mais á Real Sociedad Geográfica. O informe desta sociedade científica e independente foi determinante para que a CENG acordase o dia 12 de marzo de 2.008 que o único nome oficial da ría é Ria de Ribadeo e que este toponímico é de obrigado cumplimento para toda a administración española, que inclúe obviamente ás CCAA asturiana e galega e mesmo aos concellos, ao CEDER Oscos-Eo e á Asociación Puente de los Santos.
Digo que o acordo da CENG vai ter pouca eficacia porque despois de tres anos non se aprecia ningún interés por facelo efectivo, empezando polo concello de Ribadeo.
Para mostra abonda un botón. O día 18.5.09 o alcalde de Ribadeo entregaba aos directores dos colexios 800 exemplares da versión galega do libro “A Ría de Ribadeo Natureza entre duas augas” , que máis alá do tiduo, nas páxinas interiores utiliza alternativamente as fórmulas Ría del Eo e Ría de Ribadeo. Como é natural este libro vai estar durante moitos anos nas bibliotecas dos colexios ribadenses e durante moitos anos os profesores e os alumnos consultarán ese texto e verán que os dous nomes son igualmente “legais”. Non así na edición castelá, distribuida nos colexios asturianos, onde so aparece sistemáticamente a denominación Ría del Eo. Por si alguén non o recorda compre suliñar que o libriño foi editado polo Ceder Oscos-Eo e a Asociación Puente de los Santos cuxo secretaio era o alcalde de Ribadeo. A obra rematouse de redactar en outubro de 2.008, ou sexa seis meses despois da resolución da CENG e publicouse no mes de maio de 2.009, ou sexa 14 meses despois do devandito acordo que incumple de xeito flagrante. Cecais encaixe na figura xurídica da prevaricación, pero eu non son quen para facer este tipo de valoracións.
Xa o dixen mais veces, pero quero insistir en que ésta é unha operación moi ben calculada, de efectos enormemente eficaces a moi longo prazo, porque todalas xeracións de cativos e profesores que veñan detrás verán con naturalidade o doble nome da ría e non saberán distinguir a fórmula legal da manipulación pòlítica e esa confusa idea quedaralles grabada para toda a sua vida porque a aprenderon na escola. O que ten este caso de singular é que leva o selo oficial do concello de Ribadeo e, naturalmente, o apoio político do alcalde.
Non me vou extender en comentar outros graves erros do libriño que tamén suliñan a desidia do noso alcalde e o seu equipo, como por exemplo o feito de que confunda As Aceñas con A Vilavella, ou que pase de citar o Rio Grande, o Berbesa, o Suarón e o Monxardín, ou que dea unha lista de moluscos e peixes que cáseque non existen dende hai vinte anos, etc. etc. etc. Ou sexa un modelo de libriño educativo e científico, como dixo o Sr. alcalde na sua presentación aos medios e directores dos colexios.
Evaristo Lombardero Rico
Ningún comentario:
Publicar un comentario