20110725

TTT, conto popular español

Algúns manteñen que é un mito. Outros, algo cambiado pola perda da memoria  histórica na noite dos tempos. Hai quen mantén que é un segredo deformado, polo boca a boca e que nunca se saberá a verdade pola opacidade e dificultade de interpretación documental, pero as diferenzas, no fondo, son pequenas, e poderiamos comezar o conto como segue:
Había unha vez tres tristes traxes ... que se sentían moi soios. Case todos os ninguneaban, non lles daban importancia, mesmo parecían unha graza, unha chanza en si, de xeito que decidiron reunirse para estudar a situación. Así, xuntos, xa parecían algo, e tomaron un pouco de confianza: xa non eran un traxe aquí, outro aló, outro acolá, desperdigados, senón algo máis sólido. Viron crariño que a unión fai a forza. E decidiron probar a aumentar o grupo para ver se alguén os tomaba máis en serio.
Invitaron a outros traxes, así ata xuntarse 12, e decidiron que era bo,;mesmo xa tentaban esquecelos, pero notábase que era a posta, non para ningunealos, senón para tentar evitalos, como se así se fixeran desaparecer. Os traxes notáronno, e decidiron que a estratexia era boa. Chegados a este punto, por que non diversificar? Por que non probar cousas novas, por exemplo, americanas? Catro delas uníronse ó grupo, e déronlle diveridade entre un esquecemento cada vez maior e cada vez máis patentemente indicador de medo ó grupo.
Así, a cousa seguiu, completando o vestiario. Viñeron ademáis cinco pares de zapatos, e botaron a camiñar, aínda baixo o ocultamento, pero sabendo que camiñando, camiñando, poderían saír de calquera tipo de ocultamento. 
Para saír máis rápido á luz, para ser máis visible, que mellor que unha corbata, tratándose de traxe de cabaleiro? Vése algo mellor? Non, decidiron, e incorporaron catro corbatas ó grupo.
E chegou o momento de botar contas, que as cousas caras saben botalas con grandes números, e xa comezaban a ser grandiños... Sumaron e sumaron, e xa ían en 14 000 €.
Aquí pérdense tódalas historias e comezan as conxeturas. Hai quen di que a cousa quedou aí, na paga anual dun mileurista, pero tamén quen apunta a que o grupo seguiu a medrar, diversificando a outro tipo de posesións e máis cartos, ou, polo contrario, quen di que o grupo, nun último intento, quedou relegado á noite dos tempos polo seu propietario, adláteres e medios de comunicación tras un honroso acto final, atendendo á cualificación dos máis próximos a ditos bens e ó seu propietario.
De calquera xeito, en segredo, corren rumores que hai xente que segue na procura de datos do mito ou da historia, e que aparecerán máis, ó tempo que otros investigadores están mirando (parece que con asombro) ás consecuencias que tería noutros mitos e mesmo no futuro da mitoloxía popular.

1 comentario:

Mariano Grueiro dixo...

Ter memoria histórica. Abofé.
Xa falta no pais, na vila inda e peor. Consérvase o rencor e non se ten en conta a memoria histórica.

Chego unha vila que non se ve a si mesma, miro no teu blogue como espello nela. Eu tamén esquezo e a información axudame a lembrar e entender como chegamos ata aqui.