20110715

Un exemplo claro do que alguén, no seu día o promotor, nunca debeu ter feito e do que o alcalde naquel momento, José Carlos Rodríguez Andina, nunca debeu ter permitido

O título está tomado das declaracións do alcalde, onte, por mor do replantexamento do faiado dun edificio que leva saído varias veces no blog. 'Agora si', iso parece.
A 'solución', por chamala dalgún xeito, non debe ocultar varias cousas, entre elas:
1.Permitiuse cando está dado por válido xudicialmente que non se debera permitir.
2.Quen o permitiu sae do tema como se non tivera responsabilidade.
3.Polo momento, os cartos para reparar o desaguisado saen dunhas arcas públicas que enchemos entre todos. Logo, recuperaranse ou non.
Respecto da primeira, poderíase dicir 'un erro téno calquera', se non concurriran detalles como que existen técnicos no concello para asesorar, e que houbo máis casos, segundo outras sentenzas dos tribunais posteriores.
Respecto do segundo punto, é un mal (tal como o considero eu) do ordeamento xurídico que os mandamaises dos concellos non teñan asignada unha responsabilidade directa. É certo que teñen asesores, pero tamén que son eles quenes toman as decisións, e que entre o que corresponde a uns e a outros queda todo diluído, esquencendo aquelo de que 'a Deus o que é de Deus e ó César o que é do César' e permitindo consecuentemente facer desaguisados pola cara dos pobos.
En canto ó terceiro punto, os cartos gastados, podemos pensar que é precisamente agora, nun momento de reducción obrigada de gastos cando hai que facer un desembolso para tentar recuperalo despois. O caso é que o hai que facer (en realidade a sentenza ven de antes da crise) con cartos públicos.
Deixo á beira toda a problemática cos veciños e de resolución técnica de detalles, cousas que levan atrasado anos a solución.
Contratado o estudo
O derribo, para antes de catro meses (2009)
Embrollos: o concello, construtor a tempo parcial

Ningún comentario: