Está a darse un novo paso na privatización de servizos médicos. Coido que non foi doado chegar a ter unha sanidade pública, e agora, cando se teñen os mellores medios, pouco a pouco, pero cada vez de xeito máis visible e rápido, estase a abandoar pasando a facer unha contratación da privada que logo será vista como algo que costa demasiado e é ineficiente. De feito, está claro este sistema no titular da nova collida da voz de Galicia de hoxe, e que presupoño que ven indicado pola correspondente nota de prensa da Consellería: "El Sergas paga 733.000 euros por fisioterapia y logopedia para los mariñanos". Non é que os pague de máis, nin que os pague sobre o que xa pagaba, senón que está a subcontratar en troques de facelo con medios propios. E aquí está a cuestión: subcontrata, anunciada como unha mellora.
Nota: tender ó sistema norteamericano, un dos malos do mundo desenvolvido seguno a xeralidade das enquisas, cando precisamente están tentando melloralo, facéndoo ó tempo máis inclusivo, asequible e máis barato, non sei o que demostra ... (non é exactamente o sistema ó que se tende, pero a direción é coincidente)
Ningún comentario:
Publicar un comentario