20110705

Votantes traidores

Con retraso, bótolle unha ollada á Comarca da semana pasada. E atopo que, segundo un pequeno artigo, o PSOE foi traizoado polos votantes (enténdese que o PSOE ribadense polos votantes ribadenses). Coido que sinxelamente foi unha mala expresión que está a causar furor no pobo polo que podería significar de non ser iso, un erro.
Manteño que é un erro de expresión e non de idea polo título do artigo: 'o exconcelleiro Ramón López demanda unha renovación urxente do partido', algo que pideu nun artigo xa vello José Mª Rodríguez. Mais, non sei se por voluntade de facelo así ou por como foi recollida na prensa, o artigo da Comarca pide unha renovación polos malos resultados, non por ter traizoado as ideas que defendía ou por non ter traballado abondo (por Ribadeo neste caso). Co que parece que, ó contrario de como defendía José Mª, se está a pedir unha renovación cosmética, que permita sacar máis votos nas eleccións,confundindo os obxectivos cos votos que permitirían obtelos.
Hai que pensar que, ademáis, isto ocorre mentras segue a existir o movemento 15M, aínda que se aprece unha aparente debilidade despois de dous meses de acción e en pleno cambio de táctica. Meses que xa serviron para que, alomenos noutros lugares, as ideas vaian cambiando, se esteña reaccionando, e a transparencia sexa pedida, e mesmo nalgúns casos, case facilitada. Despois da petición de renovación-pro-voto, cabería pensar que Ribadeo é 'sitio distinto'. Quen pense así, debera estar na asamblea do 19 de xuño.

Ningún comentario: