Panem et circenses: hai días contados que se voltou a armar a conta do fútbol, bastou o cumpreanos dun logro. Para a verquente máis sociopolítica quedou a discusión 110/120 cando entre o prezo dos combustibles e a crise será mellor ir a 100 para que non suba o consumo. Mentras, a perda de dereitos e nivel de vida váise consumando. E a capacidade dunha posible resposta, mermando. Resposta que comezou a mermar hai xa abondo tempo, ó comezar a relocalizarse empresas, co que a 'forza de traballo' aquí cada día tiña menos poder. Agora toca desgastar á sociedade en conxunto, diminuíndo o noso posible aguante en calquera medida de forza, que ademáis se esforzan en dicirnos que é imposible.
Pero imposible 'is nothing', imposible non hai nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario