Collo só un retazo dun escrito de Warren Buffet, que por anos ten figurado no 1º lugar de ricos a nivel mundial. O pensar sobre o escrito (coido que W. Buffet e eu non temos as mesmas ideas) vai pola túa conta.
"O ano pasado a miña conta do imposto federal - o imposto sobre a renda que eu pago, así como impostos sobre os salarios pagados por min e no meu nome - foi 6 938 744 dólares. Isto soa como unha morea de cartos. Pero o que eu pago foi de só 17,4 por cento dos meus ingresos tributáveis - e que en realidade é unha porcentaxe menor do que foi pagado por calquera das outras 20 persoas na nosa oficina. En troques, os seus impostos varían de 33 por cento a 41 por cento, cunha unha media de 36 por cento.
Se gañas cartos con cartos, como algúns dos meus super-ricos amigos fan, a súa porcentaxe pode ser un pouco menor que a miña. Pero se gañas cartos c un traballo, a porcentaxe será certamente superior a miña - probablemente por moito."
Vamos, que xente que gana deceas, centeas, milleiros, ... de veces menos, paga unha porcentaxe maior de impostos. Ademáis, está claro que defraudar é máis doado para quen vive de inversións que dun soldo. ... poderiamos seguir, pero dixen que o pensar ía por conta do lector.
Ningún comentario:
Publicar un comentario