Atópome cunha cita de Chamfort nun diario de hai xa máis de dous meses. Cita que atopo é aplicable totalmente a día de hoxe, séculos despois de que fora creada. Aí están os derradeiros balbuceos lexislativos do mandato, legalizando (tentando de facelo) cousas en troques de lexitimalas (o que non é posible ó non selo polo pobo).
No mesmo vello xornal atopo 'interpretar un referendum', en relación ó referendo 'perdido por Berlusconi', pero cun título que poño en contacto direito coa actualidade en España: a petición dun referendo para un cambio constitucional pedido dende fóra das fronteiras comúns e ó que se lle quere dar tratamento 'exprés', preferencia moi por riba doutros cambios negados despois de seren pedidios dende dentro. Interpretar un referendo ... dentro de pouco haberá que interpretar ós nosos políticos (ó fin, xa se está a comezar a facer) se non logramos que 'eles' interpreten a vontade do pobo e leven a cabo as accións para o noso benestar xeral. Por certo, para que haxa obriga de convocar referendo é necesario 1/10 de congresistas ou 1/10 de senadores, e hai unha campaña para mentalizalos, cos primeiros apontamentos nas filas socialistas, despois de ser defendido por partidos minoritarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario