O outro día tiven a oportunidade de escoitar a Gonzalo Moure en Castropol, invitado a dar unha conferencia pola Asoc. ría del Eo (non, non é un erro, a asociación chámase así), falar de xeito entre histórico e novelado do seu 12º tataravó, Sancho Pardo de Donlebún. O salón estaba cheo e era por algo: a súa conferencia está gravada por partes abaixo, e o prego de cordel editado con ela, en publicado en Ribadeo: Sancho Pardo de Donlebún y la melancolía del olvido.
2 comentarios:
Vendo quen é a organización promotora da conferencia, pódese dicir que seguro foi un éxito o "insulto da intelixencia", pero como podemos comprobar hai moita morralla nas costas da Ría de Ribadeo, que lles vale todo. Encima falaron sobre un Donlebún cartógrafo, que seguro era exquisito no método da descripción toponímica... como non podía ser de outra maneira, e ¡manda caralliño! que descendiente "historiador" lle quedou...
Coido que quen comentou o anterior non leeu nin escoitou a conferencia. Despois, podría estar ou non de acordo.
Publicar un comentario