Remato, por casualidade, de ver un telediario da 1 case enteiro (refírome á parte que corresponde a España), a verdade é que non sei moi ben que coller, porque que comentar, hai.
Collo o imposto do patrimonio. Resulta que se quitou hai un par de anos e agora pónse (provisional!) de novo, máis debilitado do que estaba. Iso indica craramente unha política asemade crara ... E os comentarios son sabrosos. Por exemplo, unha política (enténdese de profesión, que non de actuación) que di que o límite (1M€, sen entrar en detalles de deduccións e cousas polo estilo) é moi baixo porque afectará á xente de clase media baixa. Tíñame considerado (sen pensalo moito,é certo) de clase media, pero está visto que me equivocaba en alomenos un orde de magnitude ... Pero é que desapareceu a clase media, pois afectará a 160 000 familias, segundo previsións, co que a 'clase media' (incluíndo a clase alta) queda reducia a unha élite do orde do 1% do país... Ou outro político que di , a conta do imposto, que é hora de pedirlle un esforzo ás rendas maiores (despois de enterármonos que sas rendas maiores contrbúen aquí cun tipo inferior ata o inglés, nada sospeitosos de redistribución, e mesmo sen contar coas posibilidades tipo sicav ou aproveitamento de paraísos fiscais, ampliamente difundidas ó que parece)
E mentras Rubalcaba lembra de novo que a medida é provisional, e que durará, espera, menos dous anos (nunha toma de imaxe na que está sobreimpresa o lema da súa candidatura, lembremos, nun telediario) unha representante do PP apúntase ó 'nós máis', dicindo que o PP retirará antes imposto, porque van facer unha política que permitirá retiralo ... 'mesmo antes do 1 de decembro de 2013'. Pregúntome se os recortes en educación xa afectaron á formación desa señora no momento no que aprendía a manexar (sumar, restar) datas ... E é unha soa das novas ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario