Comezando polo final, as preguntas de O Tesón, que foi o último contestado, xa fóra do pleno, coma sempre:
As de novembro pasado (2010!)...
1.Tendo xa inaugurado o ascensor, e vendo a súa necesidade de coidados, solicitamos coñecer o estudo económico para o seu mantemento e funcionamento, ou, no seu defecto, o custe de mantemento dende a inauguración ata a actualidade.
A resposta foi taquigráfica: No 2011, 2012 € de diversas facturas, 812 € de electricidade e falta algún cargo de limpeza esporádica. Proxectando o resultado ó ano, saen uns 4 000 € (o alcalde citou 'arredor de 3 000', pero non me saen as contas). Entendo ademais que o mantemento é algo máis que luz, limpeza e contrato coa compañía do ascensor.
2.Vendo que segundo art. 38.1 do “Regulamento Xeral de Circulación”, está especificado que “os condutores de bicicletas maiores de 14 anos poderán circular polos arcenes das autovías, salvo que por razóns xustificadas de seguridade vial se prohíba mediante a sinalización correspondente. Dita prohibición complementarase cun panel que informe do itinerario alternativo”, notamos que no caso da autovía en Ribadeo aparentemente se cumpre isto. Por elo, solicitamos saber por que non hai itinerario alternativo ou por que non se elimina a prohibición expresa que aparece na entrada da autovía, ou alternativamente, as xestións realizadas para a normalización da situación.
A resposta: está feita unha reclamación verbal, pero farase unha reclamación escrita por non ter tido tempo antes (ao ter 'perdido' as preguntas: son as de novembro...)
E as deste mes ...
Tendo medido este verán só no eixo parque - xardín, sen rúas adxacentes, só terrazas (cubertas, descubertas, con mesas, con bocois, cerradas, abertas, con pantalla, sen ela, a unha beira, a ambas, ...), máis de 1 000 m², e xa que pode ter aspectos positivos o aumento de terrazas, pero seguramente deba marcarse algún tipo de límite ou condición, solicitamos coñecer as condicións de concesión e a recadación efectuada por este concepto.
Depende dunha vella normativa que está a revisarse para ser presentada ó pleno en breve. Non saben canto importa, pero a tarifa está en 5,88 €/m2.Máis resposta, non houbo.
Habéndose recibido polo concello unha nova partida de bicicletas dun comercio recentemente instalado en Ribadeo, e descoñecendo o paradeiro das anteriores, solicitamos coñecer que se fixo coas bicicletas anteriores e por que, así como os resultados da súa instauración.
O resultado, positivo ... e as vellas? a bo recaudo en dependencias municipais para chatarra. Antigüidade? 6-7 anos ...
Por certo, ó anunciar o alcalde a contestación das preguntas, Eduardo Gutiérrez levantouse. Ó velo, o alcalde dixo algo así como que claro, o pleno estaba levantado, por se quería irse alguén, ó que houbo respostas negando coa cabeza. Contrastes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario