|
Obras en Mirasol para ampliación da fronte á ría de ribadeo |
Ribadeo está cheo cada dous por tres, de 'últimas fotos' ou ó revés, 'primeiras lembranzas', porque para ben ou para mal, está en movemento contínuo aínda que poda parecer que non. As seis fotos de hoxe testemúñano, despois de seren tomadas todas onte.
A primeira é do comezo das obras para aliñamento da fornte de Mirasol cara á ría de Ribadeo. Á beira, unha draga destemuña que a ampliación de ancho do espolón non está soa na andanza, senón que ás obras en terra correspóndenlle tamén obras na ría.
|
Barreira no porto de Ribadeo |
A segunda foto pode chamar a atención porque é algo que poucas veces se ten visto por aquí, unha barreira. Coido que o motivo pode verse se se fixa un na cor da auga dentro e fóra da barreira (hai unha lingua da cor de dentro da rada, onde está a draga, xurdindo á saída da dársena, aínda que o conraste na foto é pequeno)
|
Bloques para a ampliación de Mirasol |
Os bloques para empregar en Mirasol están facéndose no antigo recheo dos noventa, a carón da lonxa. Por que non están en Mirasol? Pode que parte da resposta esteña dúas fotos máis abaixo. Por certo, a caixa de camión que se ve ó fondo corresponde á loita contra incendios. O que fai alí, non o sei.
|
O polígono, comezando a desenvoltarse |
Fóra da zona do porto, o polígono industrial vai lento, peo esperemos que seguro. A primeira nave xa ten a estrutura metálica como pode verse. A que empresa corresponde, non o sei.
|
Mirasol como almacén de madeira |
Esta foto tamén é do porto, pero podería ser tido tomada hai un par de semanas con pouca diferenza. O último recheo de Mirasol, almacén de madeira.
|
A ponte, iluminada |
E isto é, claro, a ponte dos Santos iluminada. Unha imaxe que coa controversia destes derradeiros tempos entre Ribadeo e Castropol polo pago da luz, pode deixar de ser habitual por un tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario