"
SESIÓN ORDINARIA ÁS 20 HORAS
Pleno o vindeiro luns
O vindeiro luns, 19 de setembro, haberá pleno no Concello de Ribadeo. A sesión ordinaria dará comezo ás 20 horas. Entre os puntos que se abordarán figuran: a aprobación, si procede, da acta anterior correspondente á sesión ordinaria de 11 de xullo de 2011; renuncia do concelleiro de Unión do Pobo Ribadense -UPRI- D.Francisco Rivas Álvarez ao posto de concelleiro; imposición e ordenación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana; resolución de alegación e aprobación definitiva de ordenanza reguladora de apertura de establecementos para o exercizo de actividades non sometidas a avaliación de incidencia ambiental; resolución de alegación e aprobación definitiva de ordenanza fiscal reguladora da taxa pola realización de actividades administrativas de inspección, control e verificación de actividades en réxime de declaración responsable; festivos locais para o 2012, de conformidade co disposto no Decreto 128/2011, de 30 de xuño; designación de vocal titular e suplente como representantes do Concello na rede galega de Concellos pola sostibilidade; designación de representantes titular e suplente no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria; reclamación previa da comunidade de montes en man común Monte Cordal, en relación a finca de titularidade municipal; control dos órganos da Corporación; dación de conta, decretos da alcaldía, rogo, preguntas e mocións (unha do PP sobre catálongo priorizado de productos farmacéuticos e outra do BNG sobre devolución correspondentes ás liquidacións negativas da participación nos ingresos do Estado."
2 comentarios:
Boa nova, que o concello dea máis transparencia de cara ós cidadáns.
Ainda que seguiremos recurrindo a "Ribadeando" para enterarnos de todo o que pasa na nosa vila.
Gracias por manternos sempre informados.
Tentarei seguir, Enrique
Publicar un comentario