A 'escultura' é un depósito deixado no tesón, coa zona de vaciado e as patas cara enrriba, cunhas dimensións que estimo en 80 cm de beira, ou algo menos. como está preto da zona marisqueira podíase pensar que é un artiluxio deixado alí ser usado. As patas arriba indican que non é así. Como chegou ó medio da ría (pódese apreciar abaixo nunha imaxe tomada do sigpac que é literalmente 'o medio'), un misterio para min. Aparte diso, simple lixo que representa ademáis un perigo para a navegación.
En vermello, lugar aproximado do depósito. Nos extremos , o espolón dos bloques e a liña de costa do Costal na zona galega, e o peirao de Castropol, na asturiana. |
Quería ofrecer un contrapunto hoxe, día de festa en Ribadeo aínda que non haxa iluminación especial como outros anos (faría falta?), no que terán lugar esta noite os fogos do sete. Dame a posibilidade unha exposición que está próxima a rematar na Oficina de Turismo, con imaxes tenras e un catálogo publicado que se pode usar para mirar de cando en vez e dar lugar a pensar un pouco sobre a beleza da vida.
Da exposición que hai estes días na Oficina de Turismo, Fraternidade |
Ningún comentario:
Publicar un comentario