Coido que os veciños da ría agradeceráno, e aquí non se notará diferenza por ser o que se fixo dende hai anos. Sería mellor preto do recinto da festa? Particularmente, dubídoo polo ángulo de visión e fondo en relación ós que se poden obter na ría, pero tamén descoñezo o lugar exacto no que se pretendía facelos.
Máis aló das estimacións sobre o seu desenrolo, quedan as manobras políticas de fondo, que polo que se deixa ver pola nova, hóuboas, lembrándome outras anteriores nas que tamén participou o Subdelegado do Goberno, cun resultado semellante.
Por certo, a comisión de festas: José Gutiérrez, presidente, Borja Cociña, Luis Martínez, Juan Valle, Jacobo Río, Carlos de la Cuétara, Rafa Moya, Victoria Feito, Roberto Rivas, Javier Gutiérrez y Juan Edrosa.
E un acompañamento diferente: na foto, un complemento novo no porto que aínda non poderá ser usado para estes fogos do sete: a nova pasarela que está preparando Portos de Galicia/CN de Ribadeo e que anunciou onte o Presidente do CN, Mario Coto.
Estado da pasarela antonte, xoves 1 de setembro de 2011 |
En vermello, situación da nova pasarela, ó sur de Porcillán, á bei do recheo dos 90. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario