O sábado 29 de outubro a asociación de veciños O Tesón realizou unha viaxe social a San Martiño de Mondoñedo. A primeira parada do recorrido foi a visita da basílica, guiada por D. José Mª Rodríguez, que despois de centrar históricamente a S. Martiño, desgranou a historia das tres etapas da súa construcción e demáis características.
A continuación, o grupo pasou polo estudo do escultor e artista multidisciplinar Caxigueiro, onde recibiu explicación sobre o proceso seguido por varias das súas creacións.
O seguinte lugar visitado foi a Frouxeira, onde novamente José Mª Rodríguez trazou a historia coñecida do castro.
Despois de comer, o grupo visitou a zona de Sto. Estevo do Ermo antes da súa volta a Ribadeo.
diante de S Martiño |
subindo á Frouxeira |
1 comentario:
Sede do bispado de Mondoñedo ata que llo roubaron xunto co nome...
Publicar un comentario