20111007

De exame

Repasando papeis, chega á miña vista o texto seguinte:
"Polo tanto, onde queira que calquera número de persoas se xunten nunha sociedade dispostas a abandoar cada un o seu poder executivo da lei da natureza, e a renunciar a el en favor do poder público, alí e só alí haberá unha sociedade política ou civil"
A cita é de Locke, collida de Dous tratados sobre o goberno, LII, e 'caeu' na selectividade este setembro en Galicia.
Non está mal para reflexionar sobre ela: as persoas teñen que estar dispostas (é dicir, ter conciencia, non abandono) e polo tanto ter unha comprensión da situación, non un deixarse levar polas circunstancias. Así, pode considerarse a actual sociedade española unha 'sociedade política ou civil'?

Ningún comentario: