20111007

Non entendo, pero hai diferenzas.

Deixo tres apontamentos diferentes para xulgar, sen máis comentarios:
1.Días antes das pasadas eleccións, en pleno de maio pasado, aprobouse o que se deu despois en nota de prensa como: 'Na última sesión plenaria deste mandato a Corporación de Ribadeo aprobou unha normativa de rexistro de intereses "para que os concelleiros da nova Corporación e das sucesivas Corporacións teñan a obriga ou a necesidade de declarar o seu patrimonio de maneira pública e aí todos acordamos por unanimidade que así sexa".'
2.Hoxe a prensa lembraba o tema cun titular: Suárez sigue sin hacer público su patrimonio y el de los ediles ribadenses.
3.E, se imos na procura da acta (por certo, alguén sabe por que hai outro 'buraco negro' na web do concello na acta correspondente a marzo?) do pleno, temos que foi aprobado un regulamento co texto:
PRIMEIRO.- Obriga de declarar


1. Todos os Concelleiros e Concelleiras formularán declaración sobre causas de posible incompatibilidade e sobre calquera actividade que lles proporcione ou poida proporcionar ingresos económicos, e da participación en sociedades de todo tipo, con información das sociedades por elas participadas e das liquidacións dos impostos sobre a Renda, Patrimonio e Sociedades, no seu caso.

2. As declaracións levaranse a cabo antes da toma de posesión do cargo, con ocasión do cesamento e ao final do mandato, e cando se modifiquen as circunstancias de feito, neste caso no prazo dun mes a contar dende o día en que se produciron.


No caso das declaracións das liquidacións dos impostos sobre a Renda, Patrimonio e Sociedades, no seu caso, faranse con carácter anual, unha vez rematado o exercicio fiscal.

3. As declaracións efectuaranse nos modelos aprobados polo Pleno, de conformidade con canto se establece polo artigo 75.7, aliña segunda, da Lei 7/1985, do 2 de abril.


SEGUNDO.- Contido das declaracións


 Xunto á data e a identidade do declarante, a sinatura do interesado e do Secretario da Corporación na súa calidade de fedatario público municipal, o contido mínimo debe ser o seguinte:


1. Declaración de bens e dereitos patrimoniais


Identificación dos bens patrimoniais e da participación en sociedades de todo tipo, con información das sociedades por elas participadas.
a. Patrimonio inmobiliario declarase: os bens inmobles, tanto de natureza rústica como urbana, o seu valor catastral, data de adquisición e título adquisitivo, clase de dereito real que se ostenta e porcentaxe de participación.
b. Patrimonio mobiliario: depósitos bancarios en calquera modalidade, accións, participacións de todo tipo en Sociedades e Institucións de investimento colectivo, seguros de vida, plans de pensións e xubilación, débeda pública, bonos do tesouro, etc.
c. Outros bens e dereitos patrimonias: vehículos (automóviles, embarcacións. motocicletas, aeronaves).
d. Bens mobles de especial valor: obxectos de arte, etc.
e. Semoventes.
f. Préstamos e outras débedas


2. Declaración de actividades e causas de posible incompatibilidade.


Causas de posible incompatibilidade e sobre calquera actividade que lles e sobre calquera actividade que lles proporcione ou poida proporcionar ingresos económicos.
a. Actividades mercantís, industriais, profesionais, etc.
b. Postos de traballo e cargos, no seu caso, no sector público e no sector privado
(Entenderase por Sector Público o definido así na Lei Xeral Orzamentaria)


3. Declaración sobre as liquidacións anuais dos impostos sobre a Renda, Patrimonio e Sociedades, no seu caso.
Estas declaracións realizaranse mediante fotocopia compulsada das respectivas liquidacións.
TERCEIRO.- Rexistros de Intereses


1. As declaracións inscribiranse nos rexistros de intereses constituídos no Concello: Rexistro de Causas de Posibles Incompatibilidades e de Actividades e Rexistro de Bens Patrimoniais.
2. A levanza e custodia dos rexistros de intereses corresponderalle en exclusiva á Secretaría Xeral do Concello.

CUARTO.- Acceso aos Rexistros.


1. Calquera cidadán a título individual ou en representación de persoa xurídica que desexe ter acceso ás declaracións, deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello ou polos medios do artigo 38 Lei 30/1992, unha solicitude, motivada ,que deberá reunir os requisitos que establece o artigo 70 da devandita Lei, con indicación dos datos persoais do membro corporativo sobre cuxa declaración de actividades interésase a consulta. As solicitudes xenéricas de acceso non son admisibles.

2. Por Decreto do Alcalde-presidente autorizarase o acceso sinalándose día e hora para facelo efectivo. O acceso realizase mediante comparecencia do solicitante diante da Secretaria ou Secretario do Concello que lle exhibirá as declaracións correspondentes. Do decreto daráselle traslado ao Concelleiro ou Concelleira interesados, para o seu coñecemento.


O réxime de silencio administrativo será o previsto polo artigo 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común

QUINTO.- Publicidade


De conformidade co disposto no art.75.7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, establécese:


Primeira.- En tanto non se aprobe o Estatuto municipal invocado polo artigo 75.7da Lei 7/1985 de 2 de abril, no que se determine o contido das declaracións anuais de bens e actividades e os termos da súa publicación, a publicidade das declaracións farase a través de anuncio no Boletín Oficial da provincia, no que conste que os Rexistros de Intereses atópanse á disposición de calquera cidadán na Secretaría do Concello, no horario de oficinas, de luns a venres, sendo o réxime de acceso o establecido no parágrafo cuarto da parte dispositiva do acordo plenario que se adopte

Segunda.- Amais do anuncio referido, a publicidade efectuarase mediante un resumo das declaracións, relativas aos mesmos, na páx. Web do Concello, sempre que o Sr.Concelleiro autorice.”

Ningún comentario: