Hai algún tempo veñen saíndo de xeito salpicado diversas novas sobre o concello de Ribadeo e os xulgados (a parte da reclamación para o retorno do xulgado a Ribadeo, que parece bandoada polas autoridades ...). Rara vez deixan de ter un denominador común, cando se refiren ó resultado dunha sentenza: perde o concello. A última manifestada na prensa da nota de que dous empregado do Grumir gánanlle a partida ó concello, ó tempo que avisa de máis sentenzas próximas e de que o concello prefire pagar indemnización a readmitilos, para o que xa ten preparados 39 000 € (a van reclamar porque a cantidade din que non é abondo). Volto dicir algo que xa saíu no blog: como se poden perder tantos conflitos? Débese de estar a facer algo mal.
Pero hai unha segunda parte, que xa saiu tamén por vea política, e é que o PP botoulle en cara que indemnizara en troques de readmitir (por certo o da indemnización non é a primeira vez que se fai en en Ribadeo últimamente, senón máis ben a norma), e a resposta da alcaldía deixa un sabor raro: Ribadeo non ten capacidade para manter o Grumir. Si, pode ser certo, e visto o balance das contas, ten abondas probabilidades, a parte de que habería que ver se ese servizo en concreto é cousa do concello ou máis ben da Xunta. Pero, visto as cantidades a pagar, e as que é previsible que se aboen a continuación, coido que quizáis habería que facer as contas un pouco máis detalladas (e abertas/transparentes) e reprantexarse a traxectoria do servizo doutro xeito. Quizáis en troques de pagar algo por nada (indemnización) sería cousa de poñer algo máis e ter un servizo que o alcalde manifesta que é necesario na mesma nova. Por outra banda, se quen ten pagar a indemnización é o concello, iso significa que ten uns deberes adquiridos respecto dese servizo; se non os pode pagar, habería que reflexionar por que se mantiveron e como se fixeron dun xeito insostible. E coido que toda esa labor de fondo falta.
Mentras, a esperar máis sentenzas.
Ribadeo 'nos xulgados: 1, 2, 3, 4, 5, 6, ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario