Comentaba hai uns días a convocatoria dunha xuntanza para constituír a comisión entre concello e veciños para seguir impulsando, xa de xeito institucional, a Residencia de Maiores. Comentábao a conta da convocatoria, unha semana despois da nota de prensa que aclaraba que a plataforma, despois de esperar pola convocatoria do alcalde, se reuniría cos membros da oposición.
Xa está feita a xuntanza institucional. E rápidamente, o mesmo día, a nota de prensa correspondente da alcaldía, de xeito que xa sae hoxe nos xornais. Nela incluíse o ver un estudo que cambia os 3000 maiores de 60 anos ribadenses que dixen hai xa tempo por 545 maiores de 65 que viven sós. Algo que supera a media europea en porcentaxe, o mesmo que as prazas de residencia se quedan nunha porcentaxe moi inferior. O estudo non parece ter en conta a calidade das prazas actuais, ó igual que a definición de prazas futuras, pero ó fin, en canto á calidade desas prazas, deberase de cumprir un mínimo establecido que esperemos que non se disculpe por mor da crise, como está a pasar na sanidade.
Sanidade que por certo, segue con protestas dende hai anos, mentras o desmantelamento é suave p progresivo. Así non é rara a convocatoria de hoxe, unha concentración: 27/10/2011 ás 20h e diante do Hospital de Burela, en defensa da SANIDADE PÚBLICA E DO DESMANTELAMENTO QUE SE ESTÁ A PRODUCIR NA NOSA ÁREA SANITARIA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario