En Ribadeo levamos xa mítins de dous dos tres 'grandes partidos' a nivel local. A finais da semana pasada foi o BNG, e onte, o PP. Ambos no cine teatro. Pregúntome se por ser máis central que o auditorio (ó que algunha xente maior di que lle custa baixar) ou por ser máis pequeno e recollido. Quédome con esto último: en ámbolosdous casos, unhas 170 persoas (algunha, repe) non daban enchido totalmente o local. Supoñendo que o PSOE teña tamén o seu acto, e cunha representación semellante (o que non é seguro nestes tempos), chegaría o total de xente que asistiu ós mítins esta volta en Ribadeo a unhas 500 persoas, menos do 10% do electorado. Despois de que a confrontación televisiva dos dous líderes maioritarios fora a menos seguida en moito tempo, facendo gala a xente de non tela visto, e que o enfrontamento tamén televisivo a cinco (con dous secundarios para os grandes e máis ou menos primarios para IU, CiU e PNV) fora aínda abondo menos contemplado, é previsible que estas eleccións sexan as menos concorridas porcentualmente de toda a democracia española. Algo que ó tempo, favorece ó PP (unha volta ganada a pulso polo PSOE a inhibición do seu electorado) e incrementa a cantidade de xente que non cree no sistema e pide unha renovación sistémica, non só da cabeza visible. Parecerálle raro a alguén, despois de ver como os intereses económicos cambian cúpulas de goberno sen mediar eleccións? (algo que parece unha moda dos tempos)
|
A primeira nave construída no polígono de Ribadeo |
|
Dúas naves en construcción no polígono, esta semana. |
|
Posta de Sol por tras do chao do Comado (vista dende Piñeira) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario