20111129

A crise perfecta

Que mellor crise que a que se prepara para que se autoalimente?
Onte saía na prensa que se está comezando a aplicar nas causas recentes o fin lexislado da xustiza universal. Os preciosos cartos dos españoles xa non poderán servir para investigar crimes que non incumban direitamente a españois. Ó resto, que o zurzan (xa nos zurcirán despois a nós).
É sinxelamente un episodio máis, polo momento o último, da descomposición que estamos a sofrer nesta crise perfecta, onde se vai lexislando e actuando para que cada vez a crise adquira unha maior entidade. O penúltimo, o aplicar o indulto a un financieiro tramposo, só fixo manifestar políticamente as querencias dun goberno en retirada que xa non teme ás urnas.
Ámbolosdous son feitos non económicos de primeiras, pero encaixan na mesma crise xeralizada na que a autoalimentación ven de que unha parte da sociedade con mando, se come de xeito apresurado ás outras, impedindo así calquera recuperación do corpo enteiro.

Ningún comentario: