20111118

Pedindo o voto: último día

É curioso. As manobras electorais están desenvolvendo novos xeitos continuamente. E as meteduras de pata, en consecuencia, tamén se fan máis frecuentes: Ten sentido que a Xunta, despois de anos de protestas, pregunte a Burela se dispón de terreos para a ampliación do hospital da costa precisamente esta semana? Por outra parte, traduzo ó meu xeito o resume dunha nova no Times ("Markets fail to see funny side as fear of bailout stalks embattled nation"): "Os mercados non poden ver o lado divertido e o medo ó rescate golpea á nación.
Os mercados financeiros volveron as súas armas sobre a España onte, tras o home que se espera para ser o seu próximo primeiro ministro non precisar como planea curar a súa economía doente. Mariano Rajoy, líder do Partido Popular de centro-dereita, asustou os mercados, cando declarou en ton de broma ..."
Segundo parece, as bromas xa non serven máis que para que se rían os máis próximos no mítin, pero poden ser perxudiciais de aí en diante.
En Ribadeo? O mítin do PSOE, no mesmo lugar que o PP e o BNG, levou un número de xente semellante, quizáis algo inferior, ó dos outros 'grandes', como se pode ver na foto en papel na nova, e a pesares do título que asigna a Blanco máis de 200 persoas no seu mítin (non do PSOE, seu).
E nas redes sociais? Pois nelas por exemplo pode chegarse ó 'corruptódromo', ou ao 'índice nolesvotes', que tende ó BNG e a IU, como pode verse na seguinte imaxe tomada a modo de resume do 'índice':
Partidos que como é lóxico nestas datas, loitan entre eles polos votos, lembrando esta mesma semana na prensa os de IU ó BNG que se pode defender a Galicia sen ser nacionalista.
Ocórreseme pedir o non voto, aínda que non teña claro que tipo de non voto é o máis convinte, dende o non depositar o voto ata o facer voto nulo (como a proposta 'rompetuvoto' -aquí, en twitter-, que propón coller media papeleta do PP e outra media do PSOE e metelas nun sobre), pasando polo voto en branco...
Por certo, mañá ás 5 da tarde, no parque de Ribadeo terá lugar unha xuntanza de indignados. Alí ó mellor se pode sacar algunha idea sobre o voto de pasado mañá ou o non voto ...

1 comentario:

Eu dixo...

Voto en branco non, por favor, sería facerlle un favor ao PP, e non creo que lle faga falta...