20111111

Propaganda electoral

Remato de recibir onte a primeira remesa de propaganda electoral: sobre de PP e BNG para toda a familia. Máis invitación ao mítin do BNG que terá lugar hoxe, con carteliño e foto do grupo municipal incluída. Non boto contas da cantidade de papel malgastado ou cartos de custe. Desto último circularán por aí os datos, do primeiro poderían circular tamén, aínda que non o farán.
Mentras, os xornais, en cascada, van dando algunhas novas a nivel estatal e supraestatal. Aí está o dato de que o fraude fiscal en Cataluña representa sis veces os recortes feitos na comunidade (http://www.setmanaridirecta.info/noticia/silenci-aqui-es-defrauda-16000-milions-deuros-anuals , a traverso de http://im-pulso.blogspot.com/2011/11/el-fraude-fiscal-en-catalunya.html ), e craro, non son en xeral 'as familias' as que defraudan. Nin quenes defraudan parecen ser perseguidos como é debido, dada a magnitude do fraude. E, ademáis, a nivel estatal, os números, se ben son relativamente menores, non deixan de ser do mesmo orde...
A nivel local, despois da suba de diversos conceptos (boa parte daqueles polo sque cobra o concello) do pleno extraordinario do mércores, a unha hora tamén extraordinaria, xa está en marcha o cobro por aparcamento na zona do mercado. En resumo, o custe será:
1/2 h: 0,20 €; 1 h: 0,40 €; 1 h 1/4: 0,60 €; 1 h 1/2: 0,80 €; 2 h: 1 €
O funcionamento, de 9 a 2 e de 4 a 9, diario excepto festivos e mércores pola mañá.
Sanción: 24 €
Por outra banda, un novo regulamento de portos fai que o practicar esquí acuático (por exemplo) na zona galega da ría á altura de Mirasol sexa ilegal.
Mentras, hoxe seguro que chega máis propaganda...

Ningún comentario: