Senatus populusque romanus, o Senado e o pobo de Roma. Se non lembro mal, era isa a lenda que levaban os estandartes das lexións romanas, en representación dunha comunión entre pobo e representantes na loita contra o exterior.
No caso español, o Senado é, cando menos, algo diferente. E non porque nas últimas eleccións sexa os senadores do PP os que conseguiran os 2/3 dos nomeamentos, facilitados polo agrupamento de candidatos por partido e nomeamentos nominales, senón polas funcións e os nomeamentos a dedo. 51 senadores son postos a dedo polas autonomías, o que fai 1/5 da cámara e inclina o poder do pobo cara onde marcan os extrapopulares, representantes elixidos por representantes, destilando en teoría maioría de maioría. E o Senado fai de 'cámara alta', pretendendo ser unha 'cámara das rexións' e non chegando a ningunha das dúas, polo que se pide hai tempo a súa eliminación. Non lembro ben agora como localizar un vídeo que vin hai pouco no que un senador (do BNG, por certo) pedía a disolución do senado por inoperante.
Despois diso, que importan neste caso os números? ... pois mentras que esteña funcionando aínda que sexa a baixo ritmo, importan porque toma decisións que nos afectan a todos, por moito qu enon sexa representativo ou que sinxelamente, 'non sirva'.
1 comentario:
Coido que este é o vídeo do que falas. Un saúdo!
http://www.youtube.com/watch?v=S5D0S62zHlk&feature=player_embedded
Publicar un comentario