20111128

Unha semana e un día

Podemos comezr a contar. Hoxe cúmprese unha semana e un día das votacións, e isto comeza a parecerse a unha pena, antes de entrar o novo goberno. Non só é que no último consello de ministros se indultara a un financieiro tramposo, dando un paso máis cara ó desprestixio do PSOE, a quen as letras centrais cáenselle a cachos. é que esta semana a bolsa pegou un baixon e a prima de risco tampouco secomportou correspondendo a uns mercados calmados. É certo que mesmo Alemania tivo un pequeno traspé coa débeda, pero cousas semellantes a nivel internacional veñen pasando dende hai tempo, e as consecuencias vanse acumulando. Pero que xusto despois dun cambio nas urnas caia a bolsa como no caso español da semana pasada, non ten comparación na zona euro nestas circunstancias. Preguntábase onte Ignacio Ramonet que pasaría cando os axustes de cavalo non rematen coa crise. E mentras, ese 'que pasará' colleranos máis pobres e indefensos, con máis desigualdade.
Cadeiras vacías en Lugo, días atrás (foto de G.Gómez). Para reflexionar sobre a crise.

Ningún comentario: