20111116

Xestionar a merma

Comida para musulmáns.
Foto tomada en Ribadeo.
O despoboamento da Mariña, e en xeral de toda Galicia, é un feito. Algo que se ve ó tempo mitigado e pronunciado por dous factores. O primeiro, o cambio de peso relativo do rural fronte ó urbano, que acrecenta os problemas nunhas zonas mentras os mitiga noutras, e o segundo, un aporte inmigratorio destes anos pasados que está demostrado ser de fluxo e refluxo ó tempo que enfronta á sociedade a outro tipo de problemas.
Estatística tras estatística, vése corroborada a tendencia. Hoxe a Voz de Galicia faise eco dela dando os números de votantes mariñáns: 62.244 maiores de 18 anos, un 2,47% menos que en 2004. No extranxeiro viven outros 7.966, é dicir, 70.210 entrambos, un 1,02% menos que nas anteriores, aumentando a un 11,34% os que viven fóra, dende o 9,18% de 2008 e o 8,59% do 2004.
a nivel mundial, fálase da necesidade do decrecemento para poder soportasr a presión humana sobre o medio ambiente. Aquí debéramos estar preparados para poder dar leccións sobre o tema. A experiencia na xestión do decrecemento ímola ter queiramos ou non, sexa sustentable ou non. Que sexa boa ou mala, iso xa é outro cantar.

Despoboamento? Non, coidado da carteira dos cidadáns coa entrada en vigor da ORA.

Ningún comentario: