Por esta, de electricidade. Substitución de lámpadas por outras de máis baixo consumo (é a segunda rolda que se fai neste sentido, despois de ser substituídas as de filamento; as últimas eran amarelas, segundo se pode ver aínda nalgunha rúa), apagado antes, por tramos, e non uso dalgunhas.
É certo que se ven as rúas literalmente apagadas, e no Nadal, despois do desfase de luz doutros anos, choca moito e pode xerar protestas. Pero tamén é certo que se ve. E que xa hai máis de 10 anos, nunhas xornadas de medio ambiente, nunha ponencia defendín a necesidade de ceos limpos de luz (algo que xa se pedía daquela, cunha evolución estudable xa por fotos de satélite): economía, astronomía e o sinxelo pracer de poder mirar as estrelas xúntanse nesa condición de non ter sobreiluminado o noso ceo.
Claro está que non hai que pasarse tampouco, e que aínda está lonxe unha 'iluminación á carta' segundo necesidades puntuais. Polo momento, o aforro. Eso si, ata que non foi forzado, nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario