20111224

Bo Nadal

Como estamos en épocas nas que habería que levar unha base de datos para ver a quenes felicitamos xa (devolvendo felicitacións, por exemplo), e non estou pola labor, nin quero ser selectivo, decidín facer algo que é ademáis o que sinto: un desexo de felicidade colectiva. Non por que sexa unha ou outra data, senón cada día. O da data vai pola lembranza de hai algo máis de 2000 anos, dun nacemento que din que veu traer luz ó mundo. E porque pasamos o solsticio de inverno, e os días xa comezaron a medrar, motivo de esperanza dun novo período.
Así pois, bo Nadal.

Ningún comentario: