20111215

Consello de contas, e outro tipo de contas.

Unha amiga pasoume a referencia para chegar ó seguinte:
*Provincia - Tipo entidade - CIF -       Nome -       Data remisión           *
*LUGO-CONCELLO-    P2705100B-RIBADEO-21/11/11-Fora de prazo *
é dicir, o concello de Ribadeo enviou as contas fóra de prazo, como pode verse aquí.
É unha web curiosa, esta do consello de contas. Por exemplo, a táboa seguinte. Obsérvase que cada vez os concellos van apurando máis a presentación de contas, pero aínda así, a porcentaxe de contas correspondente ó pasado ano presentadas o 15 de outubro deste é abondo baixo, do orde de 2/3 [non axusto máis porque por diversas fontes vexo que Galicia ten 315 concellos, mentras que para o 2006 na táboa aparecen entregadas contas de abondos máis, seguramente contando outras entidades como Deputacións, que aparecen no listado que ligo primeiro, e mesmo posiblemente por duplicado entidades ás que lle foi reclamada a revisión]:
En canto a outro tipo de contas, despois de indultar a banqueiros e empresarios, o goberno 'estudará' (así, en futuro), un indulto pedido por moita xente. Pero dos indultos a xente que dalgún xeito ten cartos e contactos non é raro. Ó fin, a protección xeral que goza certa xente implica pola vía da acción aquelo de que a porcentaxe de presos sudamericanos (por poñer un exemplo de 'clase menos favorecida') é abondo maior que o que corresponde á porcentaxe de sudamericanos residentes en España.
Por suposto, a situación económica inflúe, como no caso do estudo británico que amosa que as rapazas británicas están a prostituírse para pagarse os estudos. É raro así que se vaia cara á protesta masiva, desobediencia civil ...? (e non se sabe onde parará). Non, como tampouco que a nova de hoxe sexa que a 'persoa protesta' sexa portada en Time como persoa do ano.
Pero deixemos de xeralizar e voltemos á política máis achegada con dúas novas que indican que por estes lares os manexos políticos priman sobre a política como acción para solucionar os problemas do pobo. A conto da residencia de maiores de Ribadeo, e o que fan/din xunta e Deputación (a lembrar, en mans políticas diferentes nestes momentos): O que 'fai' a Deputación e o que 'fai' a Xunta. Coido que sería cousa de non ler as ligazóns anteriores por separado. A idea que se saca pode ser abondo diferente...

Ningún comentario: