Estamos constituídos como España. Para min, ese é o significado da constitución. Ese acordo, de varialo, debe ser consensuado entre os afectados, sen componendas rápidas de mercados ou parellas de líderes.
Mais, resulta que os políticos son nomeados os enlaces xestores das leis, e aí comeza a deconstrucción. Porque neste país xa non nos fiamos dos políticos nin dos seus métodos. Resulta que o último informe de competitividade global do Foro Económico Mundial ten dúas táboas interesantes nese sentido (descobertas a traverso de E. Dans), a confianza nos políticos e a transparencia do xeito no que se fai a política na maioría dos países do mundo. España suspende 'con nota' na confianza e quédase xusto na metade da táboa, pero tamén suspensa, na transparencia. E o foro Económica Mundial non é precisamente o movemento 15M.
Ningún comentario:
Publicar un comentario