20111222

Isto non é o 'Xoán sen medo ou o zapateiro valente'

Para quen non lembre o conto do zapateiro valente, un pequeno resumo é que un zapateiro que non daba matado nin unha mosca, un día, nun golpe de sorte, matou cinco, e comezouno a contar moi ufano cando estaban na procura dalguén que se enfrontara a un xigante que ameazaba no reino. Unha cousa levou a outra e o zapateiro, en base á astucia, rematou vencendo ó xigante e tendo a súa recompensa.
Non, isto non é o o zapateiro valente: onte cinco vivendas de Ribadeo, na zona da saída da estrada do monte, foron asaltadas. Non foron valentes quenes as asaltaron.
A Xunta aproba o Ere de Hermida e vese na foto a un grupo (son 75 os afectados), pero non hai tanto tempo a prensa reproducía unha marcha de protesta na que había ¿25? persoas ... o que sería indicativo de que pode haber alomenos 50 que non foron valentes.
O novo presidente do goberno promete cambiar a lei de educación, para meter 3 anos de bacharelato. Coméntoo despois, pero quédome coa resposta a Rubalcaba dicíndolle que a única lei educativa da democracia fíxoa o PSOE, e xa é hora de ir cambiando... Saíu un instante na tele e non o vin reproducido escrito por ningures. Si vin unha referencia á cantidade de leis de educación que levamos. Falta de importancia, mentira ideolóxica (a dos medios, non a de Rajoi, que é diferente) ou falta de valentía para dicir que o Presidente mentiu xa na investidura?
A estas altura non sei (e non me da a gana de procurar en internet a resposta) se o BNG participou activamente no debate ou non. Métoo aquí aínda que non creo que se lle poda chamar falta de valentía a que un periódico de difusión galega faga referencia á intervención de Coalición Canaria (1 representante) e non á intervención (ou falta dela, que tamén sería noticia polas circunstancias da investidura e/ou a reducción de tempo que constriñe as intervencións no grupo mixto) do BNG (2 representantes)
A Casa real pediu ó esposo da Infanta Cristina que non veña polo Nadal. Príncipe valente? Coido que nin príncipe nin zapateiro.
Non son ningún valente. Pero calquera pode observar moitas faltas de valentía nas referencias anteriores.
Voltando a unha referencia que fixen sobre Rajoi e o cambio educativo. Unha das cousas máis comentadas deste parece ser o aumento do bacharelato a 3 anos. Como saia, a oportunidade ou conveniencia para a xente é o de menos, pero a xogada, matemáticamente é maxistral:
1.Aumenta a carga de traballo (preto dun 20%) sobre os profesores de medias cando se di que non vai a aumentar o persoal, con máis traballo e facilidade de submetemento, e sen aumentar o gasto a cargo dos presupostos.
2.Diminúe alomenos durante 4 anos a xente na universidade, co que ten a oportunidade de adicarlle menos cartos, liberarse de persoal universitario e en xeral, meter as tesouras na universidade.
3.En versión menor en tempo e cantidades, o da Universidade é trasladable á FP
4.Unha promoción enteira (perto de 500 000 persoas) tenderá a tardar una ano máis en incorporarse ó mundo do traballo, co que diminuirá de xeito permanente a lista do paro.
Quen da máis? O que pensen, ou o esforzo das 500 000 familias correspondentes, por exemplo, é algo que non está sobre a mesa.
... que toque a lotería ... os bancos xa tiveron outra volta a súa: van a poder seguir collendo cartos ó 1% para comprar débeda ó 6%

Ningún comentario: