20111213

Á mina!

O proxecto da mina de ouro nos lagos de Salave non é novo. De feito, básase na existencia dunha extracción de ouro hai moito tempo alí mesmo. Pero foi xa neste século cando as técnicas permitiron ás grandes empresas botarlle unha ollada interesada, dispoñendo ademáis do seu potencial de convicción para conseguir permisos. Hai cousa de cinco anos botouse a cousa abaixo. Agora Cascos e o seu partido (no que está incluído como Xefe de Medio Ambiente un afincado en Ribadeo, Francisco Rivas, fundador da UPRi), dan para adiante a un proxecto (aquí, no BOPA; aquí, nova de prensa con reaccións) que ten prometido moito traballo, xerando 300 peticións segundo a empresa, e 354 alegacións en contra, rexeitadas en tempo récord. Ó final, hai que comezar por facer de novo catas para reavaliar as posibilidades estruturais de construcción de galerías [1 800 m, ata 250 de profundidade -máis de 200 por baixo do viciño mar-] dunha mina da que previamente se dixo que era capaz de producir marabillas (xerando asemade uns 'marabillosos' residuos contaminantes).
No blog entre outras entradas, referínme á mina en:
Recomezo (2011)
O tema, no 2010
Cambio de donos (2010)
Presaxio (2008)
Non á mina (2006)  e ligazón para unha presentación
Tempo de construcción (2005)

Ningún comentario: