20111207

Nunha semana rara, unha carpa no parque

Esta semana é rara. Tamén en Ribadeo. Mercado de Nadal toda a semana. Hoxe trae a prensa que mediante unha suba das taxas de ocupación de posto a 100 € (30 expositores) e o logro dunha axuda da Deputación de 5 000 €, o concello só ten que poñer 2 000 €. De aí, un par de cousas claras: o custe, groso modo, 10 000 € (ó que supoño que habería que engadir algunha outra cousa non contada, como luz ou uso de Protección Civil), e a ratio entre cartos que emprega o concello e custe total (2 € de cada 10 €). A elas podíase engadir o custe para o conxunto do erario público da carpa (7 € de cada 10 €) ...
Non está mal (quizáis cabería engadir 'en certo xeito'). Lembro ter participado na primeira edición nun posto con O Tesón, na que se nos pediu participar para axudar a poñer en marcha o tema. Fixémolo, o mesmo que os demáis expositores, sen aportar cartos (e pola nosa parte, sen voltar ser chamados nen recibir as grazas). A cousa comezou a cambiar cando se fixo patente a consolidación e o éxito de público (o de vendas e aporte de movemento a outros sectores do pobo ven relacionado, aínda que non sexan o mesmo).
Chámame a atención que, pola disposición da nova, ten como fonte o concello e non unha queixa dos participantes. Esa é unha boa sinal, non pola propaganda do concello, senón porque implica que é natural e afrontable o gasto dos participantes. Que non é noticia pola súa parte, é dicir, que a cousa funciona. Abondo mellor sinal de que pasaran 2 000 persoas por alí na fin de semana, sen que haxa un cómputo máis que a ollo.
Por certo, este ano a ocupación do parque por cousas alleas a el foi abondo menor que o pasado, o que redunda no seu ben...

3 comentarios:

Eu dixo...

Non viña nun periódico que non tiñan que pagar os participantes??

Eu dixo...

Exactamente aquí: http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2011/12/06/0003_201112X6C5991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

agremon dixo...

Pois a verdade é que repasando a nova en http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2011/12/06/0003_201112X6C5991.htm decátome do tema, pero non aparece a mención na nota do concello (http://www.ribadeo.org/actualidade/nova.php?id=882&lg=gal) e está claro que pagan.