20111205

Que alegría!

Que alegría! Non, non é polo mercado do Nadal, nin pola proximidade destas datas nas que a obriga de consumir vai producindo un subidón de adrenalina que se confunde de xeito case obrigado coa alegría. Non. quince días despois das eleccións, a cousa vai por outros camiños. Por fin saberemos (mellor dito, confirmaremos) a política económica do novo goberno, pois esta semana o novo mandamáis político español reunirase (fóra de España) con xente de partidos afíns de toda Europa, e moi en particular, con Merkel, e xa ten anunciado (fíxoo precisamente en Galicia) que alí será o momento que estabamos esperando, a revelación, a confirmación do que supoñemos. Alí se producirá a nova, e dalí virá a liberación de pensamentos: xa non haberá suposicións, senón certezas.
Dun xeito incomparablemente menos importante, a Asamblea de indignados da Mariña e Occidente Astur, despois da Asamblea de Navia antonte, remata de poñer a disposición do público a acta.

Ningún comentario: