20111208
Resulta curioso, o da familia real
Levamos xa un día enteiro en shock coa familia /macro/mini/ real. Anúnciase unha especie de 'ERE' cando máis beneficios obtén, aínda que sexa por métodos pouco ortodoxos, ó igual que outras moitas empresas. Por eso da empresa familiar e a iconografía, resulta chocante, e contrasta máis co punto actual doutros millóns de 'empresas familiares', que non só non fan ERE, senón que reamplían a súa rede [rede familiar, lle chaman] de consideración de familiares ata onde poden (e máis aló), ou ben planifican dende hai algún tempo que non haxa máis ampliación familiar porque non poden asumila [voltou caer a natalidade]. Aquí non se trata de 1% vs 99%, senón que as porcentaxes son abondo máis escandalosas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario