Agosto 2010: comezo de levantemento de beirarúas para as obras de acondicionamento da travesía.
Gestión Gratelu SL puxo na finca anexa ó 43 da Avda. de Galicia unha “planta móbil”, denominación dunha 'especie de máquina trituradora' de escombros, lindando co patio de luces e nos terreos que ocupa na actualidade asemade o aparcamento usado preferentemente por camións. Por atrás, AQUAGEST depositaba materiais que necesitaba nas canalizacións de auga das obras.
Agosto de 2011: traslado da máquina á zona que xa non usa aquagest, e continuación do triturado. Primeira queixa á alcaldía, coa resposta do alcalde no sentido de que sería uns 15 ou 20 días.
Outubre de 2011: escrito ó concello. Comprobación en Medio Ambiente-Lugo de que a empresa non ten os permisos axeitados (información desmentida logo con documentos de Medio Ambiente-Santiago). A contestación da largas para outros 15 ou 20 días. A comprobación de permisos inclúe a trituración para calquera obra, co que non se ve o final.
Mentras, ruido e pó pola máquina e tamén polo montón de area.
Ata a data, o último machacado é do 23 de novembro; despois da protesta nos xornais a máquina foi levada. Os afectados pregúntanse, se teñen os permisos, por que levaron a máquina e esparciron polo chan cascotes sen triturar?
Asemade, se tendo permisos, é regular, lícito, ético plantar a máquina baixo das fiestras. Mentras, o pó invade as casas e as vías respiratorias, e hai veciños que están a sufrir procesos médicos nas vías respiratorias que posiblemente podan relacionarse co pó e que non detallo. Asemade, grietas aparecida na edificio fan pensar no tempo pasado pola máquina traballando pegada a el.
O futuro do proceso, verase.
Antes, dúas referencias de prensa,de 24 de novembro de 2011 como denuncia, e de 28 de novembro como resposta.
Os pedruscos espallados despois de levar a máquina |
No solar falta calquera tipo de servizos, de canalizacións de auga a valados ou prevención de incendios de cara ás silvas próximas. |
... e un video sobre o tema:
Ningún comentario:
Publicar un comentario