20111209

Unha pequena reflexión sobre flexibilidade e firmeza, competencias e competencia

Unha noticia da prensa de onte indica que a Deputación rexeita que Foz gaste os cartos do proxecto do xeriátrico en servicios sociais. Como non sigo exactamente a secuencia, non podo dar detalles nin xulgar moi a fondo. Aínda así, hai algunha cousa para reflexionar.
A primeira, sobre importancia relativa de necesidades e a súa solución. Ribadeo ten algún habitante máis que Foz (non moitos, pero si algún) e a poboación tan envellecida ou un pouquiño máis. As prazas de residencia actuais son semellantes no concello, e nun entorno de calidade que xoga contra Ribadeo pola parte pública (a lembrar que Ribadeo ten tamén unha pequena residencia privada). A viciñanza doutras residencias xoga a favor de Foz claramente, con máis dunha a menos de 20 km  por ningunha a menos de máis km... E en Foz non só está prevista unha residencia, senón que hai liorta por ter concesión de orzamento para o proxecto e non poder gastalo por ter o proxecto xa concedido por outra beira.
Non sei por que non quedou publicado o anterior pola mañá (non o comprobei), pero iso dame pé a engadir que hai unha diferenza grande entre o que é a decisión política debido ás propias ideas, é dicir, o xeito de conducción política, e as posibilidades políticas debido ó clientelismo por alineamento de ideas (e cabería dicir, por alienación de ideas). Hai que lembrar, nese sentido, que Foz pasou este mesmo ano de goberno socialista a goberno do PP, mentras a Xunta cambiou no mesmo sentido un par de anos antes, e a Deputación permanece con goberno do PSOE.
En Ribadeo, sen cambio de goberno no concello, os outros cambios non parecen ter moito efecto na consecución dunha residencia: seguimos sen albiscar polo momento unha nova residencia pública, mentras a crise imposta nótase cada vez máis.
Por certo, coido que o de competencias e competencia quedou máis ou menos patente, pero o de flexibilidade e firmeza, quizáis sexa cousa de desenvoltalo outro día...

2 comentarios:

José Mª dixo...

Tamén é certo que os electores de Ribadeo non tiveron presente a hora de votar o fenómeno do clientelismo ideolóxico, coas consecuencias que de el se iban a derivar nas aportacións da Xunta o noso concello. E estas son as consecuencias.

agremon dixo...

Ou entendo mal, ou estaría ben non ter en conta o clientelismo ideolóxico...