20111221

a voltas cun dos 'xacementos de ouro máis grandes de Europa sen explotar'

Asturgold está xa facendo catas en Tapia. E o concello de Tapia, seguindo a liña mantida polos veciños dende hai anos, quere paralizar os traballos. A día de hoxe aínda non ten aparecido ningunha nova do confilto na web do concello. Si, en cambio, na web de Asturgold/Exploraciones mineras del Cantábrico hai unha entrada de onte mesmo. E dous estudos (ambos en inglés), un informe técnico e un estudo económico preliminar (que teóricamente pódese descargar, pero a min dame erro). Sobre impacto medioambiental, nada.
O caso é que cando se ve un atropello inténtase facer xustiza por quen se ve atropellado. Neste caso, os veciños lograron o apoio do concello, e ata o novo goberno asturiano, se non o apoio total do Principado, si polo menos que se lavara as mans co tema. Pero agora o Principado deu liberdade á empresa e o campo de xogo está noutros lugares. En Tapia mesmo. E as circunstancias tamén cambiaron, a costa da crise: traballo prometido a cambio de contaminación certa. O balance entre ambas cousas depende de quen o exprese.
En canto á decisión da postura a tomar fornte a este feito, eu téñoo claro, pero a desesperación pode facer ver fantasías.
Comunicado da plataforma Oro no de onte.

Ningún comentario: