Moita xente para unha carpa cunha megafonía deficiente, orixinou case un motín nun determinado momento, correspondendo as gravacións que se de deixan a momentos posteriores. Amosan anacos soltos da hora que durou o sorteo nos que a audición foi mellorando sen chegar nunca ó óptimo e prantexando o apoio popular á repetición dos números, que moitas veces empeoraba aínda a comprensión, pero que creou unha atmosfera que salvou o acto do sorteo por esta volta.
O sorteo estaba organizado en 10 premios de 100 €, 1 de 200 € e outro de 300 €. Na primeira volta, non se recolleron máis que 6 de 100, co que se fixo unha segunda rolda para os restantes, e cando a xente comezou a saír en masa (ver a foto dun recuncho lateral habilitado) só aparecera outro máis de 100 €.
Xente saíndo polo lateral da carpa |
Na gravación poden apreciarse diversos momentos. Está feita dende o 1/3 da carpa próximo á locutora, e escoítase, aínda que se nota como a xente máis apartada di que non escoita e logo como se repiten os números para lograr saber, e como o ambiente a estas alturas é animado.
A xente comezou a marchar despois da metade do sorteo, non sabendo moita que se ía repetir (mentras outros, comezando por min, pensabamos que se ía repetir ata que aparecera o boleto premiado en troques de repetirse só unha vez. Por certo, estaba escrito no boleto). Tamén houbo quen marchou por cansancio de estar alí de pé (preto de min estaba xente que se soubo procurar ben a vida nun banco do parque)
E un detalle máis: As bandeiras, que curiosamente tiñan Alemaña, Inglaterra e UE no centro nunha tempada coma esta convulsa para o Euro e o 'avance' impulsado por Alemaña e o descolgue de Inglaterra.
... e sen ningunha galega, como houbo que me fixo notar.
1 comentario:
Coido que debo acompañara ó anterior unha nova: ACISA doa os premios non recollidos: http://www.cronica3.com/2011/12/acisa-ribadeo-dona-a-caritas-900-euros-dos-premios-desertos-no-sorteo-de-la-ii-fiesta-del-comercio/
Publicar un comentario