Xa hai algún tempo, a traverso de
im-pulso, cheguei a estes datos que agora ligo:
Débeda agregada das CCAA
A débeda, en 5 gráficas
Coido que se pode pasar un ratiño facendo comparación entre políticas, lembrando citas interesadas a conta da débeda ou con detalles menores, como a débeda relativa dos concellos.
|
Canto máis vermello, máis perigo. Ribadeo, cara ó centro de cores. |
O mapa captúroo dunha das ligazóns, que á súa vez colleuno dun interactivo de
AIS, basado en
OpenStreetMap e licenza
CC-BY-SA. Aí pode verse que Ribadeo non é nin con moito o concello máis endebedado per cápita da provincia, na que a mesma capital estaría dous escalóns máis abaixo. Iso non quere dicir, evidentemente, que a cousa esteña para tirar foguetes nin para empregar os cartos de calquera xeito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario