-
Estamos na periferia.
Moitas veces digo que Ribadeo é o cú do mundo. É un dito cariñoso, no que trato de deixar constancia de que estamos lonxe de Lugo, da Coruña e Oviedo, o que dificulta a relación con ese sitio onde hoxe se atopa cáseque de todo que é a cidade. O certo é que a mellora da rede vial fai que estas cidades esteñan moito máis achegadas á nosa vila (en tempo) que fai uns anos.Nembargantes, seguimos sendo periferia e, polo momento, a nosa situación relativa está a empeorar nese sentido. Xa deixo craro que en termos absolutos a técnica permite unha mellor e maior conexión coas cidades, o noso entorno e, en xeral, co resto do mundo. Nembargantes, atopámonos agora con que para unha conexión mediante as novas tecnoloxías informáticas (a "rede" informática que pouco a pouco vai sendo tendida sobre o planeta enteiro) pode ser máis rentable conectar poñamos por caso, A Coruña con Toquio que Ribadeo con A Coruña. ¿Sorprendidos?. Pois sí. Explícome: como o enganche entre dous ordenadores fáise pola liña telefónica e a través de conexións especiais (os chamados "nodos" da rede), un ordenador da Coruña, para poñerse en contacto con outro de Toquio ten que realizar unha chamada urbana para conectar co nodo correspondente e iste traslada a chamada a Toquio.
Nembargantes, Ribadeo non ten nodo. Logo, para chamar de Ribadeo á Coruña establécese a conexión mediante a liña telefónica, sin mediación de nodos. O caso é que hai que pagar, no primeiro caso, só unha chamada urbana máis o abono de conexión ó servidor da rede, mentras que no segundo hai que pagar a conferencia interprovincial, o que non evita ter que contratar o servicio da rede para outros casos, o que resulta en xeral abondo máis gravoso. É o mesmo caso que as chamadas ó viciño ou as chamadas ó parende de América, só que por ista vez, para os que viven cerca dun nodo, calquera de outra cidade "con nodo" está tan preto en custe de chamada como o "viciño", mentras que para nós, os "viciños" seguen a ser só os de toda a vida.
Polo que parece aínda ha pasar tempo ate que alguén nos poña achegado un nodo de conexión á rede e evitemos as chamadas interurbanas, co aforro que iso supón. A Telefónica xa está suavizando dende algún tempo esta desigualdade, encarecendo relativamente máis as chamadas urbanas. Pode que cando vía ordenador se solucione o tema, entón o coste da chamada urbana sexa xa o mesmo que se se fixera ás antípodas. Claro que esto non nos servirá entón de moito.
Mentres, seguiremos na periferia aguantando cos cortes de luz no inverno que nos proporciona ¡gratis! Barras (que se chinchen os das cidades, que non os disfrutan), facendo compañía ós axustes telefónicos da dita Cía. Telefónica.
¿Que non somos o cú do mundo? Certo, hai sitios moito peores, pero bo, a idea ... ¿Ou que é iso de estar vivindo "no campo" e querer disfrutar das ventaxas da cidade?
Ningún comentario:
Publicar un comentario