A valoración dun ano ten moitas lecturas, moitos perfís diferentes. E aínda que sempre ahi quen se adianta á súa finalización, unha valoración completa só se pode facer despois de finalizar. É dicir, iste é o momento.
E hai que coller practica, polo que é preferible, para quen non está afeito, facelo a partires de cousas sinxelas. Por exemplo, o tempo.
A gráfica anterior manifesta que o ano que rematou foi o máis cálido do século que levamos, se ben non por iso se poden sacar conclusións definitivas sobre o cambio climático en Ribadeo. Non só porque o anterior fora o máis frío do século, senón porque as medias veñen dadas a partires dos datos da estación meteorolóxica que hai en Pedro Murias, e faltan algúns días dalgúns anos; unha veces en épocas frías, outras en épocas máis cálidas, ... En 2011, só un día de decembro.
A media diaria manifesta abonda máis irregularidade no inverno que no verán, cando as temperaturas son moito máis homoxéneas. Por mor dos anos bisiestos, o 'día 1' da gráfica é o 1 de marzo, comezando a contar a partires de aí e polo tanto, con anos que chegan ata o -60 (os bisiestos) e outros ata o -59. O por que o fixen así é algo que ten que ver cos equinoccios ... e que non vou detallar agora.
A gráfica anterior presenta as medias mensuais. Cos datos collidos, na década, a temperatura media de Ribadeo foi 14,04 ºC segundo a Pedro Murias (por efecto da concentración de casas e movemento, no centro de Ribadeo foi algo superior). O mes máis frío, febreiro, e o máis cálido, agosto. Chama a atención que decembro teña unha media lixeiramente superior a xaneiro, pero a estatística é así, e con datos dos próximos anos moi probablemente a curva cambiará a inclinación neses meses.
Deixo polo momento para outra os días de choiva e horas de sol ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario