En Grecia a xente únese para tentar ser algúen entre todos, e a partires de aí, vivir deixando a agonía sen futuro á beira. En España, despois da victoria, o PP reúnese (é dicir, volve a unirse) nun bloque, mentras o esnaquizado PSOE segue a sacar punta a que como non teñen o poder, non hai que repartir, e polo tanto, non hai medo a intentar subir un pouco máis a costa do compañeiro.
En Galicia, a cousa da división repítese no BNG. Primeiro, a dúbida. Logo, a certeza, e aínda, a xente que eu chamaría como cualificativo 'rexeneracionsta', que se ve na situación de elixir entre quedar ou partir de algo que xa está partido. Os motivos? Din que de ideas, aflora que alomenos de método, e o motivo final, o reparto do poder. A cousa pasa por que o grupo que comezaba a ter pulo de + Galiza quedouse sen moita xestión interna, sen transmitir á estrutura. e como en política se necesita apoio tanto interno como externo, agora está na encrucillada e a estas horas parece que cada un dos integrantes significados pode tomar un camiño diferente. E isto, remata ollando no futuro a - Galiza?.
Ningún comentario:
Publicar un comentario