Gobernando a dúas velocidades ...
Chégame a nova de que Ribadeo contará con contas institucionais nas redes sociais. A raíz diso, vou mirar a mesma noticia na web do concello. A da web do concello ten data de colgado de día 12, o mesmo que a de Crónica 3. Non obstante, a de Crónica 3 está redactada o día 11. Pode que sexa un detalle sen moita importancia, a pesares de que ocorre de contínuo. Así, non o referín nunca no blog. Mais o incremento de contas institucionais do concello pola inclusión de concellerías nas redes sociais e a creación anunciada de novos blog a parte do de Ribadeo Muller pode facer necesaria unha coordinación para non ver novas do concello atga na sopa.
Sei que non hai alternativas doadas ó aumento desmesurado de información, e onde máis se da é na rede. Non obstante, o exceso de información é tan malo como o déficit, sen ter que coincidir coa requerida transparencia institucional e podendo facelo coa propaganda. É dicir, anúnciase unha vía de actuación de difusión institucional, pero non sabemos, porque non se anuncia, da coordinación, código de actuación ou reflexo da transparencia que vai implicar.
No período pasado, con minoría, o goberno municipal queixábase de que os seus membros non tiñan tempo material para ocuparse de todo. Agora, con maioría, a medida tomada implica que os seus membros teñen tempo para facer ver o que fan, e con ser moi importante para as eleccións, pregúntome se se está a facer máis do que se facía antes.
Ben, teño que recoñecer que a nova implica que a rede váise usar para dar máis servizo. Pode facerse, pero tal e como está funcionando a web institucional ...
2 comentarios:
Pois a min paréceme ben, xa que cada un utiliza un medio distinto para informarse.
É importante estar nas redes sociais para acercarse á xente xoven e iso axuda (ou pode axudar, todo depende das gañas que teñan) á comunicación entre as dúas partes.
O do tempo que lles levará, iso está claro, pero ti sabes ben que moitas veces o que escrebes nun sitio publícase automáticamente noutros, e senón sempre está o de ctrl+c ctrl+v
como parecer que haxa máis posibilidades, a min parécme ben ...
Publicar un comentario