algún edificio da cidade da cultura está rematado. As guías transmiten o que lles mandan, e todo e bó, bonito e esquecen dicri o de barato. E mesmo as súas formas e grandiosidade poden gustar á xente, pero non deixa de ser un roubo. Os detalles dese roubo quedan para outra mostra. Aquí, tres fotos só.
Na primeira, parece que os edificios se elevan ó ceo, mesmo chegando a tocar a estrela que se ve sobre del (na realidade máis prosaica, Venus, non unha estrela) ... para logo caer da outra beira de novo ó chan e ladeira abaixo, aínda máis baixo.
O lago dun edificio que se ía construír e para o que polo momento, non hai cartos. Í a ser grandioso, o símbolo do complexo ... ía. Hoxe por hoxe é un oco artificial que se enche de auga e que resulta ser un vacío sobrecolledor.
Unha 'exposición' que enche un edificio e que consiste en mediante 1 só ordenador e varios proxectores en diferentes pisos proxectar cousas que os visitantes poden escribir pasando cos dedos sobre unha pantalla táctil. Iso sí, como non hai nin para vixiantes, a xente escribe o que lle peta literalmente.
Unha mostra do que gobernos de diferente signo poden facer e/ou non poden ou queren parar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario