Non son socio de Amigos da Gaita, e como tal, non esixo, pero si necesito explicación para comprender de xeito adecuado a nova que remato de ler na Voz de Galicia: Amigos da Gaita cederá terrenos y locales para un club deportivo.
A noticia podería pasar desapercibida entre as correspondentes á xestión dunha asociación que xa fixo cesións anteriores, temporais ou definitivas, pois tanto dse empregaron as pistas do fondo do terreo para desafogo do IFP como para a construcción dun novo polideportivo no que Amigos da Gaita ten adicados locais a parte.
Pero a nova inclúe "Tojo [A presidenta] no desveló datos exactos de las contraprestaciones que recibirá Amigos da Gaita ni sobre las personas que quieren poner en marcha este club. (...) Eso si, confirmó que las cláusulas del acuerdo recogen que les abonarán una cuota inicial, un alquiler mensual y descuento en el uso de las pistas para los socios", e iso interpreto que sería algo así como dar un cheque en branco á directiva para negociar cos bienes que lle quedan á asociación, o que non me cadra, e menos por 53 votos a 16. -Por certo, a foto que se adxunta na nova da información sobre a votación máis aló da propia nova-
Repito: non son socio, e polo tanto, vexo as cousas dende fóra e sinxelamente, chámame a atención.
3 comentarios:
Opino o mesmo. Non entendo que se faga a votación sen expoñer todos os datos. Ese terreo non deu máis que problemas desde que se mercou, non por todos os socios, e ata agora non se lle sacou partido nengún. Supoño que aceptarán calquera cousa con tal de que non pudra ahí...
Eu son socio dende fai moitos anos, estiven na asemblea (que é o que debemos facer para enterarnos e facer os comentarios pertinentes)e quedei perfectamente informado do proxecto que se presentou. Soubemos o importe do alquiler anual, así como a porcentaxe do desconto que terían os socios nas futuras instalación e demais beneficios. Así mesmo deuse conta das persoas que presentaron o proxecto e debatironse algúns aspectos que non figuraban na orde o día, ainda que si interesantes pero quizais un pouco atemporais.
A votación foi correcta e non houbo nada anormal.
Si alguén pensa que ten dereito a unha explicación mais detallada, que a pida, maxino que Amigos da Gaita non terá inconvinte en darlla. Dos que fumos a xunta ninguen quedou con dúbidas. Outra cousa é o que saia na prensa.
alégrome que os socios esteñan informados: son os que o teñen que estar directamente. Ós demáis, pode que quixeramos estalo ou non, pero os dereitos téñenos quenes os teñen.
De calquera xeito, chámame a atención que entendo que hai unha contradicción entre a nova nos xornais e o que aporta o comentario anterior, pero xa sabemos como son as interpretacións ás veces.
Publicar un comentario