-Nota: esta entrada foi variada ó consultar a versión en papel dos documentos referidos ó final, que incluía unha táboa respecto á versión dixital-
Onte remadada a obrigada presentación de contas dos concellos para poder recibir despois axudas. Unha presentación de contas de facturas pendientes. A voz de Galicia realizou entre onte e hoxe unha subministración de datos que recollo nun gráfico de facturas pendentes en relación coa poboación para A Mariña. Nalgúns casos os números son redondeados, habería que incluír a débeda a bancos (o que non se fai) e no caso de Cervo inclúo tanto a débeda como as facturas que se queren dar por zanxadas por ser xa 'antigas de máis' (ver referencias). Aínda así, considero que unha gráfica imperfecta pode ser abondo ilustrativa e gustaríame, de dispoñer de datos, facer outra en relación no á poboación, senón ó presuposto ou ó produto bruto do concello. Polo momento, terá que quedar así.
A ter en conta: 1.Os concellos que aparecen con 0 sinxelamente non ofrecen datos no xornal ou non teñen facturas pendentes, e as contas de Viveiro teñen sobre si un veo de dúbida
2.A primeira liña da táboa é a poboación do último censo
3.A segunda liña, a débeda en facturas a proveedores, exclusivamente (cos condicionantes citados antes)
4.A terceira, a relación débeda/poboación, resultando os éuros de débeda 'viva' de cada concello, que é o que se representa na gráfica
5.A gráfica pódese ver aparte premendo co rato sobre ela.
Sobre as conclusións, modelo de concello que hai detrás das cifras, necesidade de unificación de concellos e reducción de gastos, etc, non digo nada neste momento.
Datos de http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2012/03/15/deuda-municipal-descubierto/0003_201203X15C5993.htm e http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2012/03/16/deuda-proveedores-concellos-sube-17-millones/0003_201203X16C4996.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario